ORDE do 3 de decembro de 2020 e DECRETO 202/2020, do 3 de decembro
Publicamos a ORDE do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e DECRETO 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
As cuestións relacionadas co deporte están suliñadas.
- DECRETO 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan edidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria
- ORDE do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.