Convocatoria 1ª Fase Axudas Galicia-París 2024
La Fundación Deporte Galego publicó la «Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel».
Esta es la información que nos envían:
«O venres 10 de maio, publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio da 1ª fase da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS GALICIA-PARÍS 2024”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.
Esta 1ª fase Axudas GALICIA-PARÍS 2024 está dirixida ÚNICAMENTE a apoiar ás persoas deportistas, técnicas principais e auxiliares, adestradoras principais e auxiliares, xuíces ou árbitros, incluídas na listaxe de convocados/convocatoria oficial definitiva para os XXOO/XXPP de París 2024.
Nesta ocasión, contará con sete tipos de axudas, a resolver segundo a acreditación da participación ou non en edicións anteriores dos Xogos Olímpicos/Paralímpicos.
O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá sábado 11 de maio e rematará o 30 de setembro de 2024.
Ademais, recordámosvos que, do mesmo xeito que na anterior edición, as persoas solicitantes poderán:
-
- Cursar a solicitude de axuda de forma telemática (máis recomendable), ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Terán á súa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.
gal. Poderán utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/ chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código DE400E (que estará dispoñible a partir de mañá sábado, 11 de maio). - Presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administracións Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.
- Remitirnos unicamente cuberto o anexo I de Solicitude, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal) e o anexo III, Formulario de participación olímpica/paralímpica, polo que deberedes evitar acudir á Federación Deportiva Galega correspondente.
- Cursar a solicitude de axuda de forma telemática (máis recomendable), ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Terán á súa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.
Para calquera dúbida, podes contactar co técnico deportivo responsable desta convocatoria, Luciano Díaz Martínez, no teléfono 881.996.375 ou no correo electrónico: luciano.diaz.martinez@xunta. gal