Primeira Proba Circuito Galego Xuvenil de Tenis Babolat 2020

Finaliza a Primeira Proba do Circuito Galego Xuvenil (Torneo Alevín e Cadete) e o Campioato Galego Infantil e Júnior

O pasado 8 de marzo finalizaba a primeira proba do Circuito Gallego Xuvenil  Babolat, na que se deron cita 388 xogadores e xogadoras de diferentes partes de Galicia, contando ademais con varios xogadores de Portugal.

 

Durante 4 fins de semana o Club de Tenis Pontevedra e o Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra foron as sedes desta primeira proba do circuíto conformada polos torneos  Babolat Alevín e Cadete e os campionatos galegos Infantil e Junior.

      

       

Os dúas primeiras fins de semana disputouse o torneo  Babolat alevín no Club de Tenis Pontevedra, cun total de 108 inscricións e o cadete no Mercantil de Pontevedra con 64.

 

A partir da segunda fin de semana comezaba a fase previa do campionato galego infantil no Mercantil de Pontevedra e os dúas últimas fins de semana disputouse a fase final, reunindo a 139 xogadores nas diferentes modalidades. O campionato galego  junior, á súa vez, disputábase no Club de Tenis Pontevedra coa participación de 77 xogadores e xogadoras.

 

Como novidade, realizouse a retransmisión en  streaming de dúas semifinais e as finais da categoría infantil. A encargada de realizar esta retransmisión foi a empresa “Volvemos a primeira” reproducións audiovisuais:

 

www.volvemosaprimeraproducciones.com

 

Pódense ver os partidos gravados na seguinte ligazón:

 

Campioato Galego Infantil (youtube)

 

Ao longo destas semanas púidose gozar dun gran ambiente de tenis en Pontevedra, mantendo lle formato de colaboración entre os clubs sede e a Federación Galega de Tenis como equipo organizador dos eventos.

 

    

Nas diferentes entregas de trofeos, estiveron presentes diferentes autoridades:

 

José Mosquera (Presidente da  FGTenis), Gregorio  Agis e Gorka Gómez (deputados provinciais), Ernesto Filguera (Presidente do  C. Mercantil e  Ind. de Pontevedra), Enrique Domínguez (Presidente do Club de Tenis Pontevedra), Marco Casal (Director Deportivo da  FGTenis), Miguel Lapido (Director Deportivo do C. Mercantil e Ind. de Pontevedra), Pancho Novoa (Director Deportivo do Club de Tenis Pontevedra), David Lariño e Tomás Casquero (directivos do Club de Tenis Pontevedra) e Carlos Coira (Coordinador do Circuito Galego Xuvenil de Tenis)

 

Damos o parabén a todos os participantes, e en especial aos campións, campioas e a todos os que conseguiron a súa praza para o Campionato de España.

 

A segunda proba do circuíto celebrarase en maio, tendo como sedes o Real Club de Tenis Coruña e o Sporting Club Casino Coruña, onde se porán en xogo os campionatos galegos alevín e cadete e disputaranse os torneos  Babolat infantil e  junior.

 

CADRO DE HONRA:

 

CAMPIONATO GALLEGO JUNIOR:

 

Junior individual feminino:

 

  • Campioa: Eva Álvarez
  • Subcampioa: Marta Rey

 

 

Junior dobres feminino:

 

  • Campioas: Eva Álvarez / Sara Martínez
  • Subcampioas: Helena da Puente / Marta Rey

 

 

Junior individual masculino:

 

  • Campión: David Cao
  • Subcampión: Joao Marques

 

 

Junior dobres masculino:

 

  • Campións: David Cao / Alberto López
  • Subcampións: Iago Domíguez /  Joao Marques

 

Junior dobres mixtos:

 

  • Campións: Eva Álvarez / Alejandro Vizoso
  • Subcampións: Dani García / Ainara Vegal

 

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL:

 

Infantil individual feminino:

 

  • Campioa: Lara Amoeiro
  • Subcampioa: Ana Nóvoa

 

 

Infantil dobres feminino:

 

  • Campioas: Ana Nóvoa /  Aranai Martínez
  • Subcampioas: Carlota Cota / Julia Pérez

 

 

Infantil individual masculino:

 

  • Campión: Izan Díaz
  • Subcampión: Andrés Pereiro

 

 

Infantil dobres masculino:

 

  • Campións: Izan Díaz / Alejandro Pardo
  • Subcampións: Andrés Pereiro / Ignacio García

 

 

Infantil dobres mixtos:

 

  • Campións: Ana Nóvoa / Izan Díaz
  • Subcampións:  Yeray Quián / Marta Rodríguez

 

 

ALEVÍN MASCULINO:

 

1ª División:

 

  • Campión: Andrés Pereiro
  • Finalista: Álvaro Soneira

 

    

 

2ª División:

 

  • Campión:  Joao María Freitas
  • Finalista: Marc Nicolás

 

    

3ª División:

 

  • Campión: Leo Rubal
  • Finalista: Hugo Mogollón

 

    

3ª División B:

 

  • Campión: Eduardo Sánchez
  • Finalista: Santiago Esperón

 

   

3ª División C:

 

  • Campión: Diego Tobío
  • Finalista: Alexandre Barreiro

 

   

 

ALEVÍN FEMININO:

 

1ª División:

 

  • Campioa: Emma Baliña
  • Finalista: Sol Junquera

 

   

2ª División:

 

  • Campioa: Carlota Dacosta
  • Finalista: Lucía Cadarso

 

   

CADETE MASCULINO:

 

1ª División:

 

  • Campión: Rodrigo Pérez
  • Finalista: Saúl  Berdullas

 

   ç

2ª División:

 

  • Campión: Borja Fernández-Couto
  • Finalista: Aarón Díaz

 

 

3ª División:

 

  • Campión: Ían Rodríguez
  • Finalista: Angel Núñez

 

CADETE FEMININO:

 

1ª División:

 

  • Campioa: Alejandra Vázquez
  • Finalista:  Aranai Martínez

 

   

 

2ª División:

 

  • Campioa: María del Cueto
  • Finalista: Irene Lago

 

   

 

 

Galería de Imágenes:

 

   

Comparte