Comunicado del Comité Gallego de Justicia Deportiva

Publicamos el comunicado informativo emitido por el Comité Gallego de Justicia Deportiva:

"Con motivo das denuncias que, dende hai un tempo e cada vez con maior frecuencia, estanse a recibir neste Comité dende a Dirección Xeral da Policía e Garda Civil relativas á introdución e consumo de bebidas alcohólicas en recintos deportivos, durante a celebración de eventos ou competicións deportivas celebradas na nosa Comunidade Autónoma, o Pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva, na súa derradeira sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 2016, acadou o acordo de recordar a todas as asociacións deportivas galegas e persoas que acudan aos devanditos acontecementos deportivos que a Lei 3/2012 do Deporte de Galicia establece, no seu artigo 116, apartados b) e e), como infracción moi grave a introdución nas instalacións nas que se realicen competicións ou actividades deportivas de, entre outras substancias, bebidas alcohólicas así como a venda de alcohol e tabaco nas instalacións deportivas. A sanción prevista para tales infraccións pode consistir, entre outras, en multa de ata 60.000.-€ (sesenta mil euros), suspensión da actividade ou da autorización administrativa ou clausura da instalación deportiva, prohibición de acceso a calquera instalación deportiva, inhabilitación para organizar actividades deportivas, privación ou suspensión da licenza federativa, inhabilitación para ocupar cargos nunha federación deportiva por un período de un a cinco anos ou, nos tres derradeiros supostos, incluso á perpetuidade, ou revogación definitiva da autorización ou clausura definitiva da instalación deportiva.

De igual xeito, o Pleno do Comité está na obriga de informar que, con motivo da recente modificación do paragrafo cuarto do artigo 22 da Lei 3/2012, e da introdución do apartado g) do artigo 116 do mesmo texto legal, se considera igualmente infracción moi grave e, en consecuencia, merecedora das sancións anteriormente referidas, a falla de subscrición, por calquera organizador dun evento deportivo, sexa ou non oficial, dun seguro que teña cobertura necesaria da asistencia sanitaria dos participantes no mesmo, para o suposto de accidente deportivo.

O que se comunica aos efectos pertinentes en Santiago de Compostela, a 27 de xaneiro de 2016.

Comité Galego de Xustiza Deportiva"
 

Comparte