Asemblea Xeral Extraordinaria (29/03/2014) – Federación Galega de Tenis

De conformidade co sinalado na Orde do 8 de setembro de 2010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o próximo sábado 29 de Marzo ás 16:30 horas en primeira convocatoria e 17:00 horas en segunda, no salón de actos do Club Fluvial de Lugo, na rúa CM de Fermín Rivera, s/n – San Lázaro 27297 Lugo, e que se desenvolverá con suxeción o seguinte:

O R D E   DO  D Í A

  1. Aprobación do regulamento electoral para a elección a membros da Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis no ano 2.014 (achégase copia deste documento e nota aclaratoria sobre aplicación da Lei 3/2.012)
  2. Delegación, no seu caso, pola Asemblea Xeral na Xunta Directiva da facultade de aprobación e realización das modificacións do regulamento electoral que sexan indicadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, sen necesidade de novo sometemento á aprobación da Asemblea Xeral. (Artigo 3º da Orde do 8 de setembro do 2.010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas federación deportivas galegas).
  3. Designación dos membros da Xunta Electoral (achégase nota explicativa sobre a composición da xunta electoral, a designación dos seus membros e funcións da mesma).

En Vigo, a 19 de Marzo de 2014

Enlaces:

 

Comparte