Alerta por vaga de calor

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, informa dun episodio de vaga de calor a partir do xoves día 08/08/2024 cunha duración prevista de 3 días, de NIVEL AMARELO (BAIXO RISCO) pola entrada dunha masa de aire cálido a Galicia traerá temperaturas elevadas.
As máximas quedarán por encima dos 36 graos en áreas da metade sur, con tendencia
ascendente de cara á fin de semana.
Este fenómeno afectará aos concellos da zona de Valdeorras (O Barco de Valdeorras, Larouco,
Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras)
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes
feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e
informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de
autoprotección que deben adoptar.
SE CHEGAN A DARSE AS PREDICIÓNS, PRODUCÍNDOSE SITUACIÓNS DE EMERXENCIA OU URXENCIA DEBERÁ INFORMAR A ESTE CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS 112 GALICIA

Comparte