Convocatoria Recoñecemento Depo-DGAN e Depo_Promesa

Aberto o prazo de solicitude do 13 de marzo ao 9 de abril

Acaban de publicarse las bases de la convocatoria del reconocimiento Depo-DGAN y Depo-Promesa

 

REQUISITOS

 

*             Renovación da categoría DEPO_DAN: As e os deportistas DEPO_DAN que estean recoñecidos na relación definitiva publicada no BOPPO núm. 51, de 13 de marzo, e no núm. 69, de 9 de abril de 2019, e continúen recoñecidos como deportistas de alto nivel pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou polo Consello Superior de Deportes na última lista publicada antes destas bases, renovaráselles a condición de deportista de alto nivel pola provincia de Pontevedra de forma automática sen ter que facer ningún trámite.

 

*             Novas solicitudes –

– DEPO_ DAN: Para obter a condición de DEPO_DAN é necesario:

a)  Levar polo menos desde o 1 de xaneiro de 2019 empadroada ou empadroado na provincia de Pontevedra ou nacer nela e ter certo sentido de permanencia

b)  Estar en posesión da cualificación de deportista de alto nivel autonómico ou estatal na última lista publicada antes que estas bases polos organismos correspondentes

c)  Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria no ano 2019

d)  Non estar a cumprir unha sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave nin unha sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o goce dos beneficios derivados

e)  Non estar inmersa ou inmerso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

 

                -DEPO_PROMESA: Para obter a condición de DEPO_PROMESA é necesario en todos os casos:

a)  Levar polo menos desde o 1 de xaneiro de 2019 empadroada ou empadroado na provincia de Pontevedra ou nacer nela e ter certo sentido de permanencia

b)  Ter entre 12 e 16 anos feitos como moi tarde o 31 de decembro de 2019

c)  Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria no ano 2019

d)  Non estar a cumprir unha sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave ou unha sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o gozo dos beneficios derivados Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo: https://sede.depo.gal Código seguro de verificación:D1EK870JDRQIOLGN Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es Núm. Luns, 10 de febreiro de 2020 27 BOPPO

e)  Acreditar o nivel esixido pola Deputación de Pontevedra en base aos criterios de valoración que se establecen nesta convocatoria

f)  Non estar inmersa ou inmerso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

 

As solicitudes deberán realizarse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra. https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=61379437 Opcionalmente, as solicitudes tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 

*             Comprobación de datos Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

•  NIF das persoas solicitantes

•  Certificación de residencia da persoa solicitante

•  Certificado de nacemento No caso de que as persoas interesadas se opoñan ás devanditas consultas deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

*  Documentación As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:

 

•  Modelo de solicitude (anexo I). Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo: https://sede.depo.gal Código seguro de verificación:D1EK870JDRQIOLGN Edita: Deputación de Pontevedra

•  Só para a obtención da categoría DEPO_PROMESA, un certificado deportivo emitido polas federacións no que se especifiquen a participación e a clasificación nas diferentes probas deportivas (anexo II). As probas obxecto de valoración establécense no punto 10 destas bases. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

 

Trámites administrativos posteriores

 

á presentación de solicitudes e a súa emenda Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento realizaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do modelo “Instancia xenérica”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal/web/public/registry/external-pre-registryinput-new.xhtml?idbduacproceduretype=50709505, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) requiriráselle á persoa interesada, de conformidade co establecido no artigo 68 desta, que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos indicándolle que, no caso de nono facer, se desistirá da súa solicitude, que se arquivará sen máis trámites.

Comparte