Convocatoria reunión Asemblea Xeral da Federación Galega de Tenis 19/12/2020

Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Tenis, D. José Mosquera Casero, convócase reunión de Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o sábado 19 de decembro de 2020 no salón de actos do Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4 de Santiago de Compostela (actual sede da Federación Galega de Fútbol en Santiago) ás 16:00 horas en primeira convocatoria e as 16:30 horas en segunda, de acordo coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación do acta da reunión anterior.
  2. Presentación do estado das contas ao 31/10/2020.
  3. Tarifas para o ano 2021.
  4. Aprobación do orzamento de ingresos e gastos do 2021.
  5. Autorización ao presidente para solicitar pólizas de crédito por un valor máximo do 10% do orzamento.
  6. Calendario de competición do 2021.
  7. Regulamentos de Competicións
  8. Propuestas realizadas a Asemblea Xeral.
  9. Informes do Presidente
  10. Rogos e preguntas

Cumprirase estritamente coas normas de seguridade e protocolo esixidas pola Administración contra o contaxio do Covid 19 para este tipo de eventos, tales como medición de temperatura, separación adecuada, uso de máscara obrigatoria e disposición de xel desinfectante efectivo para os asistentes.

Comparte