Escola Galega do Deporte: «Xornada gratuíta de actualización antidopaxe»
Publicamos la información que nos envían desde la Escola Galega do Deporte sobre la «Xornada gratuíta de actualización antidopaxe» el próximo 25 de mayo de 16:30 a 19:30.
«A xornada estará organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Comisión Española para a Loita Antidopaxe no Deporte (CELAD), en colaboración coa UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas).
Enfocada a coñecer os cambios máis significativos de aplicación da nova lei da dopaxe, os contidos a desenvolver, tal e como se achega no cartel adxunto serán: valores e xogo limpo, conceptos xerais e aspectos psicolóxicos da dopaxe.
Asemade, contarase coa presenza dunha persoa deportista galega de alto nivel e un representante da Garda Civil.
Para a inscrición e matriculación:
- REXISTRO: Entrar na Aula virtual da Escola Galega do Deporte (Si é a túa primeira vez nesta aula deberás crear unha conta)
- INSCRICIÓN NA XORNADA: Debaixo da descripción do curso no apartado de: Automatriculación (Alumno). Introducir a chave de matrícula: dopaxe2022. A data de matrícula remata ás 23.55 h. do domingo 22 de maio de 2022.
- LIGAZÓN Á VIDEOCONFERENCIA: O día anterior ao inicio da xornada enviarase as indicacións para acceder en liña á videoconferencia.
Calquera dúbida no mail: escolagalegadodeporte@xunta.gal ou nos teléfonos 881996367, 881996365, 881996362.»