Finaliza o Máster Circuito Babolat 2019
Lugar: CD D10 e C.T. As Termas
Data: 31 de agosto ao 6 de setembro
- Chegaban a semifinais as 4 cabezas de serie. Na primeira semifinal, Miguel del Castillo (4) superaba a Andrés Pereiro (1) por 6/2-6/3; na outra semifinal, o cabeza de serie número 3, Yeray Quián vencía a Alejandro Reboredo (2) por 6/2-6/0.
- Miguel del Castillo venceu na final ao vencer a Yeray Quián por 6/3-6/1.
Categoría Alevín feminina:
- Nesta ocasión, Carlota Magán, sen ser cabeza de serie metíase en semifinais, ao vencer en cuartos a Marta Rodríguez (3) por 6/1-6/4. Nas semifinais Carlota caía #ante Clara Arambillet (1) por 6/0-6/1. Pola parte baixa do cadro, en semis, Branca Trillo (2) caía #ante Emma Baliña (4) por 6/1-6/2.
- Na final, Clara Arambillet impoñíase a Emma Baliña por 6/0-6/1.
- En cuartos de final non houbo sorpresas e as 4 cabezas de serie accederon a semifinais, que nos ofreceron uns partidos emocionantes. Saúl Berdullas (1) vencía a Izan Díaz (4) por 6/3-7/5 e a outra semifinal tivo que decidirse no super tiebreak onde Ander Tarrío (3) vencía a Alejandro Vizoso por 7/6-3/6-10/6.
- Na final, Berdullas impoñíase a Tarrío por 6/1-6/4.
- Nesta categoría a parella formada por Berdullas/Vizoso impoñíase en semis a Reboredo/Del Castillo, mentres que Díaz/Tarrío superaban a Domínguez/Tubío por 6/3-7/5.
- A final foi moi disputada, con remontada de Díaz/Tarrío, que tras perder o primeiro set conseguiron vencer no super tiebreak 1/6-6/3-10/7.
- En cuartos de final, Candela Suárez vencía á cabeza de serie número 4, Julia Pérez por 6/0-6/2 meténdose en semis. Pola parte alta do cadro, Ana Nóvoa (1) superaba a Lydia Espiñeira (3) por 7/5-6/0. Na outra semifinal, Candela Suárez volvía eliminar a unha cabeza de serie, neste caso a 2, Carlota Cota por 6/0-6/1.
- Na final, Ana Nóvoa vencía a Candela Suárez por 6/3-6/2.
- Dani García superaba en cuartos de final a Saúl Berdullas (4) e metíase nas semifinais, que o enfrontaron ao cabeza de serie número 2, Rodrigo Pérez. En semis García volvía facer coa vitoria nun apretadísimo 3/6-6/3-10/7.
- A outra semifinal non se puido disputar debido á lesión de Noel Villarabide (3), polo que Iago Domínguez (1) accedía á final.
- Iago Domínguez vencía a Dani García na final por 3/6-6/2-10/6.
Categoría Cadete feminina:
- Pola parte alta do cadro, as dúas cabezas de serie Ainara Vegal (1) e Alejandra Vázquez (3) superaban os seus partidos de cuartos de final, e en semifinais brindáronnos un partido de infarto onde Vázquez impoñíase a Vegal por 7/5-6/7-10/8.
- Pola parte baixa do cadro, Lucía do Valle metíase en semis facendo valer a súa condición de cabeza de serie número 3, e Ana Nóvoa superaba á cabeza de serie número 2, Paula Casares por 2/6-7/6-10/3, pero non puido facer o mesmo con Lucía do Val que vencía por 6/3-6/4 na semifinal.
- Na final, Alejandra Vázquez vencía a Lucía do Valle por 6/2-6/4.
- As semis enfrontaron Rodrigo Pérez (1) contra Jose Miguel Mella (4) e era o primeiro o que accedía á final ao vencer por 6/1-7/5. Na outra semifinal, Manuel Fernández Guede (4) vencía a Dani García (2) por 6/2-6/1.
- Rodrigo Pérez superaba na final a Manuel Fernández por 6/4-6/1
Crónica de Carlos Coira
No máster poderanse inscribir todos os xogadores e xogadoras que o desexen (fin do prazo de inscrición: venres 30 de agosto), pero, unha vez que finalice a sexta proba (sábado 31) actualizarase o ranking Babolat e seleccionaranse aos 8 xogadores e xogadoras inscritos con mellor clasificación de cada categoría (que cumpran os requisitos de acceso ao máster), e eses serán os que participen no torneo.
Unha vez seleccionados os xogadores e xogadoras clasificadas, enviaráselles un correo electrónico para que se realice o pago da inscrición, que debe realizarse a través da pasarela de pago de Ibertenis antes do luns día 2 ás 15:00 h.
Ademais da categoría individual (que se xogará en formato de cadro eliminatorio), este ano establecéronse no regulamento os cadros de dobres masculino e feminino nas categorías sub-14 (alevín+infantil) e sub 18 (cadete+ junior). Nestas categorías só poderán participar xogadores e xogadoras clasificadas na categoría individual.
Para os cadros de dobres, o prazo de inscrición estará aberto ata o domingo 1 de setembro, para que poidan conformar as parellas unha vez publicados as listaxes de clasificados en categorías individuais.
A orde de xogo será o seguinte (non se aceptarán modificacións):
- Mércores 4: Categorías alevín, infantil e dobres sub 14 en horario de 16:00 h a 21:00 h
- Xoves 5: Categorías cadete, junior e dobres sub 18 en horario de 16:00 h a 21:00 h.
- Venres 6, sábado 7, domingo 8: Semifinais e finais de todas as categorías.
Máis información e inscricións na seguinte ligazón:
- Alevin Masculino
- Alevin Feminino
- Infantil Masculino
- Infantil Feminino
- Cadete Masculino
- Cadete Feminino
- Junior Masculino
- Dobres SUB 14 Masculino