Jornada «Protocolo de Protección de Nenos, Nenas e Adolescentes fronte á Violencia no Deporte»

Publicamos la información que nos envían desde la Subdirección Xeral de Plans e Programas sobre las jornadas formativas que organiza la Secretaría Xeral para o Deporte:

«Coa publicación da “Ley Orgánica 8/2021, de 4 de junio, de protección integral a la infancia y la adolescencia frente a la violencia” (BOE núm. 134, de 05/06/2021), as entidades que realizan de forma habitual actividades deportivas ou de lecer con persoas menores de idade, están obrigadas a designar a figura do Delegado ou Delegada de protección ao que as persoas menores de idade poidan acudir para expresar as súas inquietudes, e quen se encargará da difusión e o cumprimento dos protocolos establecidos, así como de iniciar as comunicacións pertinentes nos casos nos que se detectou unha situación de violencia sobre a infancia ou a adolescencia.

Por isto, a Secretaría Xeral para o Deporte organiza as XORNADAS FORMATIVAS sobre a “Aplicación nas entidades deportivas galegas do Protocolo de Protección de Nenos, Nenas e Adolescentes fronte á Violencia no Deporte. A figura da persoa Delegada de Protección”.

As xornadas van dirixidas ás persoas que poderían ser designadas como Delegadas de Protección en cada entidade deportiva (clubs, federacións, agrupacións deportivas escolares, etc.), e nos que se tratarán os principais aspectos da dita Lei, así como o Protocolo de Protección deseñado pola propia Secretaría Xeral para o Deporte, entre outras ferramentas e información vinculada con esta temática.

Asistirase a unha única xornada por persoa. A formación é presencial, e dado que o aforo é limitado respectarase a orde de inscrición, a cal poderá facerse a través da ligazón ou o  QR indicado no díptico que se axunta.»

Comparte