Nota aclaratoria Convocatoria Clubs 2021 – Deputación de Ourense
A Deputación de Ourense nos envía la siguiente nota aclaratoria sobre la convocatoria para la concesión de subvenciones a los Clubs Deportivos de Ourense:
«O pasado mércores 17 de febreiro o Boletín Oficial da Provincia publicou as bases que regulan a concesión de subvencións a Clubs deportivos da provincia.
A situación excepcional que provoca a pandemia que sufrimos, con situacións peculiares que afectan o desenvolvemento das competicións deportivas en toda a provincia aconsellan un tratamento excepcional para esta convocatoria.
A Deputación provincial , sensible a dita problemática e consciente de todo iso, recolleu nestas bases determinados aspectos que convén ter en conta á hora de cubrir as solicitudes por parte dos clubs. Por todo iso:
1º.- A Deputación provincial saberá interpretar xenerosamente os conceptos de “estar en competición deportiva” porque todos somos conscientes de que a vontade de participar en competicións, non depende exclusivamente do club e si pola contra das limitacións establecidas polas autoridades sanitarias con motivo da pandemia.
2º.- É imprescindible que por parte dos solicitantes e nos anexos habilitados a tal fin concrétense con detalle todos os aspectos que afectaron o desenvolvemento deportivo da entidade, motivados pola presenza da COVID 19, para que a comisión correspondente da Deputación poida realizar a mellor avaliación de todas as circunstancias nas que poidan verse afectados os clubs solicitantes.
3º.- En relación ao recollido na base segunda, 1-d, que indica que os clubs deberán posuír, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría senior ou absoluta e para os clubs que compitan en disciplinas individuais establecer como requisito básico posuír un mínimo de dez licenzas federativas de deportistas de base en competición, dadas as circunstancias excepcionais indicadas anteriormente, este requisito non se valorará como excluínte , analizándose con detalle se a Federación da que dependen, convocou ou non , as correspondentes competicións.
O mesmo criterio, non excluinte, se utilizará para o indicado na mesma base segunda, 1-c, cando fala da participación da entidade en competicións oficiais.
3º.-Aconséllase realizar a solicitude mediante tramitación electrónica, a través da sede electrónica da web da Deputación de Ourense. Achégase ligazón onde se explica con claridade todo o proceso. (Trámite 02)»