Primeira Proba do Circuíto Rexional Xuvenil Babolat 2019
O pasado fin de semana rematou a primeira proba do Circuíto Rexional Xuvenil Babolat, organizada conxuntamente pola Federación Galega de Tenis e os clubs: Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra e o Club de Tenis Pontevedra.
- Campionatos Galegos infantil e júnior.
- Primeiro Torneo Babolat alevín e cadete.
Pontevedra foi durante 10 días o punto neurálxico do tenis galego, onde se deron cita 365 tenistas chegados de toda Galicia que participaron nas diferentes categorías, tanto individual como dobres e dobres mixtos.
Nas entregas de trofeos estiveron presentes:
- Anxos Riveiro, edil de deportes do Concello de Pontevedra.
- D. Xosé Mosquera, presidente de Federación Galega de Tenis.
- D. Ernesto Filgueira, presidente do Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra.
- D. Enrique Domínguez, presidente do Club de Tenis Pontevedra.
A vindeira proba do Circuíto Babolat celebrarase en maio no Real Club de Tenis Coruña, disputándose os títulos de campións galegos nas categorías Alevín e Cadete, ademáis de celebrarse o 1º Torneo Babolat de Categorías infantil e júnior.
Crónica de resultados dos Campionatos Galegos:
No Campionato Galego Júnior, Uxía Martínez do Real Club de Tenis Coruña se proclamaba campioa galega ao vencer por 6/2-6/4 á xogadora local Carla del Barrio nun intenso partido.
Na categoría júnior masculino, David Cao do Real Club de Tenis Coruña superaba ao seu compañeiro de club por 6/2-6/2.
En júnior dobres masculino os campións galegos foi a parella formada por David Cao e Alberto López, vencendo na final a Antón de la Puente / Martín Millos por un axustado 7/6(6)-7/5.
No Campionato Galego Infantil, Saúl Berdullas, do Club Family Los Tylos vencía na final a Ander Tarrío, do Club de Tenis O Rial por 7/5-6/2.
Na final feminina, Lara Amoeiro, de Ureca, vencía á tamén ourensana Ana Nóvoa por 6/3-6/1.
Na disputa da terceira praza que da o pase para o campionato de España, Alejandro Vizoso superaba a Alejandro Pardo por 6/2-6/1 e Marta Rey vencía a Julia Pérez por 6/4-6/1.
En dobres masculinos Alejandro Vizoso e Saúl Berdullas impoñíanse a Alejandro Pardo e Izan Díaz por 6/0-6/2, mentres que na categoría de dobres femininos Marta Rey e Helena De la Puente gañaban a Julia Pérez e Carlota Cota por 6/3-6/0.
O torneo finalizaba coa disputa dos dobres mixtos onde a parella formada por Ander Tarrío e Lara Amoeiro proclamábanse campións galegos tras vencer a Alejandro Vizoso e Carlota Cota por 7/6-6/2.
O listado de campións e Subcampións das diferentes categorías foron:
Categoría Alevín:
- Campión Alevín Masculino 1ª División – Andrés Pereiro López
- Subcampión Alevín Masculino 1ª División – Yeray Quian Darriba
- Campión Alevín Masculino 2ª División – Eduardo Núñez García
- Subcampión Alevín Masculino 2ª División – Nicolás Bellas Panadero
- Campión Alevín Masculino 3ª División – Antón Álvarez Veiga
- Subcampión Alevín Masculino 3ª División – Juan Pintos Vázquez
- Campioa Alevín Feminina 1ª División – Clara Arambillet Martínez
- Subcampioa Alevín Feminina 1ª División – Marta Rodríguez Rodríguez
- Campioa Alevín Feminina 2ª División – Isabel Álvarez Domínguez
- Subcampioa Alevín Feminina 2ª División – Candela Fajardo Aranda
- Campioa Alevín Feminina 3ª División – Claudia Obama Cordero
- Subcampioa Alevín Feminina 3ª División – Ariadna Gómez Varela
Categoría Infantil:
- Campión Infantil Masculino – Saúl Berdulas Calviño
- Subcampión Infantil Masculino – Ander Tarrío Ponte
- Campioa Infantil Feminina – Lara Amoeiro Santana
- Subcampioa Infantil Feminina – Ana Nóvoa Sánchez
- Campión Infantil Dobres Masculinos – Alejandro Vizoso Ansedes
- Campión Infantil Dobres Masculinos – Saúl Berdulas Calviño
- Subcampión Infantil Dobres Masculinos – Alejandro Pardo Moro
- Subcampión Infantil Dobres Masculinos – Izán Díaz Estévez
- Campioa Infantil Dobres Femininos – Marta Rey Gavela
- Campioa Infantil Dobres Femininos – Helena De la Puente Riobó
- Subcampioa Infantil Dobres Femininos – Julia Pérez Campo
- Subcampioa Infantil Dobres Femininos – Carlota Cota Vavrinova
- Campioa Infantil Dobres Mixtos – Lara Amoeiro Santana
- Campión Infantil Dobres Mixtos – Ander Tarrío Ponte
- Subcampioa Infantil Dobres Mixtos – Carlota Cota Vavrinova
- Subcampión Infantil Dobres Mixtos – Alejandro Vizoso Ansedes
Categoría Cadete:
- Campión Cadete Masculino 1ª División – Carlos Álvarez Domínguez
- Subcampión Cadete Masculino 1ª División – Manuel Fernández Guede
- Campión Cadete Masculino 2ª División – Bernardo López Vázquez
- Subcampión Cadete Masculino 2ª División – Óscar Crespo Rozados
- Campión Cadete Masculino 3ª División – Samuel Gonález Pazos
- Subcampión Cadete Masculino 3ª División – Pablo López Cedrón
- Campioa Cadete Feminina 1ª División – Eva Álvarez Sande
- Subcampioa Cadete Feminina 1ª División – Lucía Martínez – Reboredo Lamela
- Campioa Cadete Feminina 2ª División – Antía Del Rio Méndez
- Subcampioa Cadete Feminina 2ª División – Laura Casado Trigo
Categoría Junior:
- Campión Junior Masculino – David Cao Pardal
- Subcampión Junior Masculino – Juan García Burgos
- Campioa Junior Feminina – Uxía Martínez Moral
- Subcampioa Junior Feminina – Carla Del Barrio Blanco
- Campión Junior Dobres Masculinos – David Cao Pardal
- Campión Junior Dobres Masculinos – Alberto López Hernanz
- Subcampión Junior Dobres Masculinos – Antón De la Puente Riobó
- Subcampión Junior Dobres Masculinos – Martín Millos Iglesias
Crónica de Carlos Coira Lojo