Subvencións a entidades deportivas (PR945C)

Hoxe, venres 10 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN coas listaxes definitivas de entidades beneficiarias das subvencións por actividades deportivas (procedemento PR945C), así como as solicitudes denegadas por non acadar a puntuación mínima, e as inadmitidas e desistidas da súa petición.

Os beneficiarios poden solicitar o cobro da axuda e achegar a documentación xustificativa a través da sede electrónica a partir de mañá, sábado 11 de xullo.

 

Recoméndase ler a “GUÍA” que está dispoñible xunto coa resolución de beneficiarios no seguinte enlace.

 

Ver GUÍA e RESOLUCIÓN de beneficiarios (apartado CONVOCATORIAS):   https://deporte.xunta.gal/gl

 

Comparte