Subvencións entidades deportivas (PR945C)
O venres 28 de abril de 2023, publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte a listaxe coas entidades solicitantes de subvención e os seus datos deportivos aportados polas federacións e que serán obxecto de valoración para a asignación das subvencións do procedemento PR945C.
Desde o sábado 29, os interesados dispoñen de 10 días de prazo para presentar alegacións (a través da sede electrónica) no caso de desconformidade con estes datos aportados pola súa federación.
As entidades que figuran en vermello son aquelas das que a día de hoxe esta Secretaría Xeral para o Deporte non ten os seus datos por non ser achegados aínda polas súas respectivas federacións (rematado o prazo dado ao efecto).
Ver listaxe de datos e formulario de alegacións: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-clubs-actividade-datos-deportivos-das-entidades-solicitantes