Xa temos gañadores do Torneo Internacional Senior de Ourense

Celebrado do 30 agosto ao 1 de setembro no Club Santo Domingo

 
Despois de tres días de tenis Senior no Club Santo Domingo finalizou un torneo no que os participantes ademais de xogar ao tenis puideron gozar dos encantos da Ribeira Sacra.
 
Os gañadores foron:
 
Categoría Veteranos +35 – Jorge González
Categoría Veteranos +45 – Francisco  Menezes
Categoría Veteranas +50 – Teresa Castro
Categoría Veteranos +55 – Bruno Otero
Categoría Veteranos +65 – Florentino Pérez
Categoría Dobres Veteranos Dobres +40 – Jorge González e John  Sellers
Categoría Dobres Mixtas Veteranos +50 – Ángela Pazos e Xosé  Anxel Carreira
 
Parabén aos gañadores, a seguir gozando deste deporte.
 
 
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
 
 
A primeira edición do Torneo Internacional Sénior de Ourense reúne durante tres días no Club Santo Domingo a tenistas veteranos de catro países: Estados Unidos, Costa Rica, Brasil e España. O evento está encadrado no calendario da Federación Internacional, desde as categorías +35 a +70, tanto masculino como feminino, nos cadros individual, dobres e mixtos.
 
Onte foi a presentación na sala de Xuntas do Pazo Provincial, na que puidemos contar coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera; do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e dos xogadores de Brasil e Costa Rica, Francisco  Menezes e Carlos Pérez.
 
 
O acto de clausura terá lugar o domingo a partir das 13:30 horas, coa entrega de trofeos aos gañadores de cada categoría

 

Máis información de torneo:

 

 

Ligazóns a noticias:
 

 

 

Comparte